Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan sen vida un home desaparecido este luns en Ponte Sampaio (Pontevedra)

Atopan sen vida un home desaparecido este luns en Ponte Sampaio (Pontevedra)

A familia avisara da súa desaparición aos servizos de emerxencia logo de non saber nada del desde as cinco da tarde de onte

G24.gal 07/03/2023 11:59

Os servizos de emerxencia localizaron esta pasada madrugada o corpo sen vida dun home nas proximidades dunha área fluvial do río Verdugo, situada na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio.  

Segundo confirmou o 112 Galicia, o home estaba desaparecido desde as 17:00 horas deste luns, tal e como relatou á central de emerxencias un familiar sobre as 21:00 horas.  

Con esta información, 112 mobilizou na súa procura efectivos da Policía Nacional, a Policía Local e Protección Civil de Pontevedra e de Soutomaior.  

Finalmente, os bombeiros de Pontevedra atoparon o cadáver no lugar de Acevedo, nun sitio próximo á súa vivenda, pasada a media noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade