Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan sen vida a octoxenaria desaparecida en Sada

Atopan sen vida a octoxenaria desaparecida en Sada

O corpo foi localizado enganchado nunha batea fronte á praia de Arnela

G24.gal 25/03/2025 14:49

O Servizo Marítimo da Garda Civil en colaboración con Gardacostas da Xunta de Galicia localizou este martes o corpo dunha persoa enganchado no centro dunha batea situada fronte á praia de Arnela en Sada.

Foi na zona en que se viña realizando a busca dunha octoxenaria desaparecida o este domingo.

Tal e como detallou Salvamento Marítimo, a embarcación Punta Seixo Branco, do Servizo de Gardacostas de Galicia, avistouno baixo unha batea do polígono do bateas de Sada.

Os mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil recuperárono e trasladado a porto na patrulleira Rio Jaya. Tamén se desprazou a embarcación Mar de Galicia, cun equipo de mergulladores de Gardacostas, para colaborar nos labores de retirada do cadáver.

Foi un familiar quen deu o aviso da desaparición o domingo e iniciábase unha procura por terra, mar e aire. De feito, chegáronse a localizar algúns efectos persoais en Arnela Pequena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade