Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan sen vida a muller desaparecida desde este martes en Castroverde

Atopan sen vida a muller desaparecida desde este martes en Castroverde

O equipo de busca atopou esta mañá o corpo sen vida da muller de 52 anos a menos dun quilometro da súa vivenda

G24.gal 03/03/2022 13:00

Apenas dous días despois de que marchara da súa casa, en Francelos de Abaixo, atoparon o cadáver da muller desaparecida en Castroverde.

Foron un grupo de veciños e de cazadores da zona os que deron co seu corpo da falecida de 52 anos, que se encontraba nun piñeiral situado a menos dun quilómetro do domicilio da falecida, na mesma parroquia de San Xoán de Barredo.

Rematou así un amplo operativo de busca en que participaron máis de medio cento de persoas, entre voluntarios e efectivos de Protección Civil e da Garda Civil, incluído un can de rastrexo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade