Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan os cadáveres de dous nenos nunhas maletas en Nova Zelandia

Atopan os cadáveres de dous nenos nunhas maletas en Nova Zelandia

Os corpos son de cativos de 5 a 10 anos e levarían entre 3 e 4 anos alí pechados

A policía de Auckland fai as probas forenses para determinar a identidade dos restos
G24.gal 18/08/2022 17:50

Terrible achado en Nova Zelandia. Unha familia atopa restos humanos no interior de dúas maletas que mercara nunha poxa.

Os restos poderían ser de dous nenos de entre 5 e 10 anos, e os investigadores cren que os corpos poderían levar alí polo menos tres ou catro anos.

A policía trata de coñecer agora a identidade dos cativos facendo análises forenses de ADN.

Tamén buscan a causa da morte. Estes dous datos son claves para dar cos asasinos.

Aínda non se sabe se xa interrogaron o dono do almacén que organizou a poxa, pero o que teñen claro é que a familia que mercou as maletas non ten relación ningunha co crime.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade