Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan o corpo sen vida dunha muller que desaparecera en Rois

Atopan o corpo sen vida dunha muller que desaparecera en Rois

Foi atopada no río, no lugar do Sisto, no concello de Rois

G24.gal 07/01/2022 09:39

Os membros do GES de Padrón comunicaban ao 112 Galicia, arredor da media noite, o achado. Indicaban que a muller, falecida, foi atopada no río, no lugar do Sisto, no concello de Rois.

O dispositivo de rastrexo, posto en marcha desde o atardecer, estivo coordinado por axentes da Garda Civil e, desde ese momento, os servizos de emerxencias da localidade e da contorna traballaron na procura da muller. Ademais dos axentes da Garda Civil e de familiares da muller, formaron parte do operativo os efectivos de Protección Civil de Rois.

Pese aos esforzos dos equipos de busca que acudiron ao lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade