Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o cadáver dun home que levaba varios días morto no seu piso de Betanzos

Atopan o cadáver dun home que levaba varios días morto no seu piso de Betanzos

Os veciños foron os que avisaron da ausencia do septuaxenario falecido

G24.gal 13/02/2022 13:20

En Betanzos, os servizos de emerxencias atoparon morto na súa casa un septuaxenario que levaba tempo sen dar sinais de vida.

 Foron os veciños quen alertaron a Policía Local tras advertir que a roupa do home levaba varios días no tendal e que había máis dunha semana que non mercaba o pan na panadería á que acudía a diario.

Segundo as probas forenses, faleceu por causas naturais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade