Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan morto un matrimonio na súa casa de Ávila

Atopan morto un matrimonio na súa casa de Ávila

Foi o fillo quen alertou a Policía ao non poder contactar con eles

As primeiras investigacións apuntan a un posible accidente

G24.gal 02/05/2025 15:42 Última actualización 02/05/2025 17:00

Un matrimonio de arredor de 70 anos apareceu morto este venres na súa vivenda de Ávila. O fillo da parella deu a voz de alarma tras varios intentos infrutuosos de contactar cos seus pais.

Tras recibir o aviso, a Policía Nacional desprazouse ata o domicilio xunto con efectivos do corpo de Bombeiros. Ao acceder á vivenda, os axentes atoparon os corpos sen vida do matrimonio, un enriba do outro.

Segundo fontes policiais, todas as hipóteses seguen abertas, aínda que unha das posibilidades que se barallan é que a morte fose accidental.

A Policía Científica e o forense desprazáronse tamén ao lugar para investigar o suceso e elaborar o informe que determinará as causas concretas do falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade