Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan morto un matrimonio de anciáns en Moaña

Atopan morto un matrimonio de anciáns en Moaña

Os cadáveres non presentan sinais aparentes de violencia

G24.gal 12/02/2024 21:11 Última actualización 12/02/2024 21:24

A Garda Civil atopou mortos no seu domicilio na zona do Con, en Moaña, un matrimonio de idade avanzada.   

Foron os propios veciños do edificio os que deron aviso. Estaban preocupados porque levaban un tempo sen velos pola zona. 

Despois de pediren autorización a unha filla do matrimonio que reside noutro concello, os axentes entraron no piso e atoparon os cadáveres. O corpo do home estaba na cama en avanzado estado de descomposición. O da muller, tirado no chan. Ningún dos dous tiña sinais aparentes de violencia.

Á espera do que determine a autopsia os indicios apuntan a que faleceron por causas naturais, primeiro o varón, e a muller, días despois. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade