Cargando resultados...
Atopan máis de 300 persoan nun tráiler abandonado nunha estrada mexicana
O camión estaba abandonado, sen condutor, nunha estada de Veracruz
Dentro había 343 persoas, gran parte delas de Guatemala
Viaxaban máis dun cento de menores non acompañados
G24.gal
07/03/2023 06:52
En México atoparon nunha estrada do estado de Veracruz un tráiler abandonado con xente dentro. Na caixa do camión había 343 persoas, entre elas, 103 menores de idade sen acompañante.
A maioría dos cativos son de Guatemala, entre os adultos tamén había nacionais de Honduras, O Salvador e Ecuador. A policía mexicana atopou o tráiler sen condutor, e agora tramitan a situación xurídica dos migrantes no país.