O lobo mata catro ovellas e dous años en Guitiriz
Sobrevivviron unha ovella e tres años
Hai un ano xa houbo outro ataque similar nesta mesma leira
Quédalle unha ovella e tres años a Daniel Rodríguez, de Parga, agora agarda a que lle veñan recoller os animais que lle mataron nun ataque nocturno. Conta que un amigo ás seis e media da mañá lle mandou un whatsapp: "Oes, ándache unha ovella fóra", e saltoume a chispa, se anda unha ovella fóra fixo que veu o lobo. Vin mirar e xa me atopei con isto.
Aparécenlle catro ovellas e dous años mortos nunha leira próxima á casa. E así, case á porta da casa, matáronlle catro ovellas e dous años.
"Ao pé da casa que che veña o lobo paréceme fóra do normal".
As contas non saen.
"Agora tes que chamar pagar por que chas recollan. Esa é outra. Dez euros por esta ovella e teño que pagar nove por retirala"
Non é a primeira vez que lle pasa.
"Hai cousa dun ano nesta mesma leira matoume cinco o vellas e nesta outra un castrón que tiña"
Mentres, as ovellas que sobrevivivon pacen coa mesma desconfianza que ten o seu dono de que o lobo poida volver pasar por aquí.