Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lobo ataca en Castroverde e mata a 15 ovellas do rabaño

O lobo ataca en Castroverde e mata a 15 ovellas do rabaño

O lobo matou todas as ovellas do rabaño e deixa vivos os 17 años

G24.gal 12/08/2022 13:50

Máis aló do debate sobre o lobo, dá unha mágoa enorme ver o remolque do tractor e a carreta chea de ovellas degoladas. Canda os cadáveres, a dor e a impotencia dos seus donos, el xa retirado e ela aínda de alta pola agraria.

Milagros é quen as coidaba, pero o seu home sente a mesma dor ca ela. Saben que llelas van pagar, pero os cartos non o son todo. Ás ovellas hai que afacelas a un, acariñalas, domesticalas..., ademais de atendelas. Un traballiño de anos.

Neste ataque, o lobo acabou con quince ovellas pero non tocou ningún dos 17 años que estaban canda elas.

Agora o problema son os añiños. Malia que algúns comen algo de herba seca, pacen e beben, outros aínda mamaban.

Milagros e Ubaldo esperaban que hoxe lles vaian retirar os cadáveres das súas ovelliñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar