Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ataque de candorcas a un veleiro a unhas 15 millas de Oia

Ataque de candorcas a un veleiro a unhas 15 millas de Oia

Romperon parte dos temóns do barco e non hai unha explicación científica sobre o motivo

G24.gal 10/10/2023 17:08

Así viron, escoitaron e sentiron o encontro coas candorcas os tres tripulantes do veleiro Carmen, dous vascos e un portugués. Navegaban de Portugal a Francia; en principio, por unha ruta premeditada e pensada libre de candorcas.

Pero, a falta de vento e o uso imprevisto do combustible para navegar a motor, obrigounos a cambiar de rumbo e, cando se dirixían a repoñer a Baiona, a unhas quince millas da costa de Oia, Pontevedra, tres candorcas rompéronlles parte dos dous temóns.

"O que pasa é que sabiamos que había unha posibilidade remota de atopar unha familia de candorcas, pero a mala sorte levounos a que nos atacasen tres exemplares. Vímolos vir de moi lonxe porque o mar estaba como un espello".

"Moi impresionante porque un deles antes de chegar a nós deu un salto de tres metros de altura e é un animal potentísimo e impresionante, un animal que sabes que vén a  atacarte. Nese momento sabes que tes que facer algo. Ou parar o barco ou levar o barco á costa. O que fixemos foi dar motor moi forte, irnos á costa e tivemos un ataque duns seis minutos. O ataque foi violentísimo, violentísimo. Dicimos que é un xogo pero é o suficientemente violento para que sexa un ataque, non un xogo. Podería ter sido moito peor, pero as consecuencias pon en risco a túa vida e é un xogo perigoso".

Non hai unha explicación científica definitiva sobre o motivo que leva as candorcas a arremeter contra as embarcacións. Nos últimos meses, producíronse varios ataques destes animais a barcos fronte á costa galega. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade