Publicador de contidos

Publicador de contidos

Salman Rushdie respira sen ventilación asistida e recupera a fala

Salman Rushdie respira sen ventilación asistida e recupera a fala

A Fiscalía acusa de intento de asasinato o detido por acoitelar a Salman Rushdie

É  probable que o escritor perda un ollo

O autor do libro Os versos satánicos xa fora ameazado de morte por unha fatwa do Goberno iraniano

Haidi Matar, canda o seu avogado, durante a comparecencia no xulgado de Chautauqua
G24.gal 12/08/2022 19:26 Última actualización 14/08/2022 10:09

O detido polo acoitelamento de Salman Rushdie foi acusado de intento asasinato e segue detido sen fianza, informou a oficina do fiscal do condado de Chautauqua, onde recibiu o ataque o autor o venres.

A Hadi Matar, de New Jersey, de 24 anos, impútanlle cargos de intento de asasinato e asalto. As axencias policiais estatais e federais traballan para coñecer a planificación e preparación do ataque e para determinar se se presentan acusacións adicionais.

O escritor Salman Rushdie, atacado nun acto no que participaba en Chautauqua (norte do estado de Nova York) foi intervido cirurxicamente tras a brutal agresión que sufriu cando ía dar unha conferencia. Recibiu varias puñaladas no pescozo e no abdome.

Ten o fígado está danado, sufriu danos nos nervios dun brazo e pode perder un ollo. Nas últimas horas Rushdie xa foi desconectado do respirador e pode falar.

Mentres, as forzas de seguridade identificaron o atacante, xa detido. O agresor é Hadi Matar, un mozo de Nova Jersey, que en varias ocasións amosara a súa simpatía por Irán.

Precisamente, un dos xornais iranianos con maior difusión, Kayhan,  identificado cos sectores máis conservadores, eloxiaba hoxe o ataque contra Rushdie, ao que cualificaba de "apóstata e vicioso".

A Casa Branca condenou o ataque. O asesor de Seguridade Nacional, Jake Sullivan, afirmou que "o ataque a Salman Rushdie é espantoso". "Todos estamos rezando pola súa pronta recuperación e estamos agradecidos polos bos cidadáns e socorristas por axudalo con tanta rapidez", escribiu Sullivan en Twitter.

O autor indo-británico foi ameazado de morte en 1989 por unha fatwa (decreto relixioso) do Goberno iraniano pola súa obra Os versos satánicos, o que o obrigou a pasar anos na clandestinidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade