Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ata setembro poderanse visitar as igrexas románicas da Ribeira Sacra

Ata setembro poderanse visitar as igrexas románicas da Ribeira Sacra

Un programa entre a Diocese de Lugo e o Consorcio da Ribeira Sacra permite abrir oito templos da zona

Cómpre facer unha reserva previa e consultar os horarios 

O programa inclúe a visita a oito igrexas románicas da zona
G24.gal 15/04/2025 21:09 Última actualización 15/04/2025 21:23

Na igrexa románica de San Vicente de Pinol chama a atención a estrela de David que loce no rosetón e que se pode ver por fóra.

Agora o templo tamén se pode visitar por dentro, onde hai uns retablos de gran valor e unhas pinturas murais do século XVI. Contemplalas é posible grazas a un programa entre a diocese de Lugo e o Consorcio da Ribeira Sacra. 

O programa inclúe a visita a oito igrexas románicas da zona. Dous veciños de Madrid foron os primeiros en entrar en San Vicente de Pinol. Os beneficios investiranse na conservación das igrexas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade