Cargando resultados...
Ata 18 adegas participan na Feira do Viño de Monterrei
Na feira hai tamén postos gastronómicos
G24.gal
12/08/2022 21:46
A Feira do Viño de Monterrei comeza coa música da banda de Gaitas de Verín e entre os postos de degustacións das 18 adegas que participan nesta edición, do total de 28 adegas que integran a denominación de orixe Monterrei.
Ademais destes, hai postos gastronómicos nos que xantar e cear a prezos populares: cinco degustacións por dez euros e dous euros a copa de viño.
Á parte desta alameda, a feira ten outros escenarios: o parque da Preguiza vai acoller os concertos que comezan á medianoite con Xisco Feijóo e na praza García Barbón actua a Orquestra Arizona.