Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asturias pide manter as máscaras en interiores e amplía as probas covid a menores de 60 anos

Asturias pide manter as máscaras en interiores e amplía as probas covid a menores de 60 anos

G24.gal 21/04/2022 17:15

O Principado de Asturias decidiu manter a recomendación do uso de máscara en interiores e ampliar a realización de probas diagnósticas para detectar a covid-19 en persoas menores de 60 anos a partir do criterio dos médicos que as atendan.

A realización das probas estaba ata o de agora restrinxida aos maiores desa idade, pacientes inmunodeprimidos e persoal sanitario e de residencias.

O Goberno asturiano adopta esta posición despois de que o Principado entrara o pasado domingo en situación de risco alto polo elevado número de pacientes hospitalizados durante as tres últimas semanas.

Así, a pesar da entrada en vigor este mércores do real decreto que elimina a obrigatoriedade do uso de máscaras, as autoridades sanitarias asturianas recomendan mantelas "como ata o de agora" en espazos interiores, incluído o ámbito laboral pero non o educativo, mentres non se reduza o nivel de risco alto en que entrou a rexión.

Ademais, recomendan que calquera persoa con síntomas compatibles cun contaxio de covid-19 restrinxa a súa interacción social e extreme as medidas hixiénicas de precaución  durante un período de cinco días ou ata que transcorran 48 horas sen presentar indicios da enfermidade.

No relativo ao proceso de vacinación, o Principado expuxo ao Ministerio de Sanidade adiantar a segunda dose de recordo ás persoas maiores de 80 anos e residentes de centros sociosanitarios, unha proposta que está a ser valorada polo Relatorio Técnico de Vacinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade