Publicador de contidos

Publicador de contidos

Astarot celebra os seus 40 anos de traxectoria

Astarot celebra os seus 40 anos de traxectoria

O concerto de celebración será o sábado 6 ás 20.00 no Auditorio Xosé M. Pazos de Cangas

Máis de vinte artistas da escena galega colaborarán coa banda nun concertos que van gravar para a súa posterior publicación en DVD

G24.gal 04/05/2023 13:42

O grupo Astarot, a icónica banda de rock galego, celebra o seu 40 aniversario cun concerto especial para o que contará coa participación especial de invitados de luxo, que se irán desvelando nas próximas semanas.

Este evento reunirá a unha parte moi representativa do panorama musical galego, de agora e de sempre coa colaboración de xente como Bieito Romero, Xan Cerqueiro, Irma Macías e Pedro Valero (Luar na Lubre), Alberto Cereijo (N.E.O. e Los Suaves), Fernando Calvo (Los Suaves), Rosa Cedrón, Xosé Lois Rivas 'Mini', Josito Porto, Dani Camaño, Tonhito de Poi (Herdeiros da Crus), Lucía Pérez ou Raquel Pato (compositora da música de Negro Caravel) entre outros. 

A banda Astarot, formada por Juan A. Antepazo (vocalista principal), Carlos Gandón (guitarras e voces), Nano Vikendi (guitarras e voces), Carlos Rodal (baixo), e José M. Piedra (batería), darán un espectáculo cheo de forza co seu peculiar estilo de rock fusionado con música celta. Un repaso dos temas clásicos galegos incluídos na súa última discografía, a cal os posicionou como a lenda viva do rock galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade