Aspas, protagonista estelar no último precedente entre España e Arxentina
Foi o 27 de marzo de 2018 nun partido xogado no Metropolitano no que o de Moaña marcou un gol e deu tres asistencias
España e Arxentina ían xogar un partido oficial o pasado 27 de marzo en Catar, pero as tensións bélicas na zona entre Irán, Israel e os Estados Unidos impediron que se disputara a chamada "Finalissima" entre os campións de Europa e da Copa América de fútbol. Tería sido o segundo partido oficial entre as dúas seleccións despois do disputado en 1966 no Mundial de Inglaterra (2-1 para os sudamericanos).
Para atopar o último precedente temos que ir ata marzo de 2018 cando se enfrontaron no Metropolitano nun partido que rematou con goleada e con protagonismo estelar para o moañés Iago Aspas. O partido chegou ao descanso con 2-1 intre no que entrou no partido Aspas. A súa segunda metade foi memorable cun gol (no minuto 73) e tres asistencias (dúas a Isco e unha a Thiago Alcántara).