Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asociacións de defensa do patrimonio denuncian o abandono do castro de Alobre

Asociacións de defensa do patrimonio denuncian o abandono do castro de Alobre

Umia Vivo denuncia actos vandálicos e acumulación de lixo no xacemento situado preto de Vilagarcía

G24.gal 17/04/2022 14:03

O colectivo Umia Vivo e outras tres asociacións de defensa do patrimonio denuncian a acumulación de lixo e os actos vandálicos na zona do Castro Alobre, no concello de Vilagarcía.

"O xacemento arqueolóxico está totalmente esquecido, abandonado e descoidado, ao que hai que engardirlle o impacto evidente do proxecto de restauración do Ministerio de Transportes, que ocupa zona arqueolóxica", explica Xesús Rodríguez, presidente da asociación Umia Vivo.

Este estado de abandono prodúcese apenas un ano despois da intervención realizada no castro, grazas a un acordo entre o Ministerio de Transportes e a Deputación Provincial.

As asociacións de defensa do patrimonio critican o proxecto polo seu impacto sobre o patrimonio arqueolóxico, unha postura que, segundo din, referendan os informes técnicos do ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios) e do Consello da Cultura galega.

O informe do ICOMOS é un informe moi completo e totalmente demoledor, porque cuestiona todo o proxecto desde a súa concepción. Parte de que se fai un proxecto propio dun parque urbano sobre un espazo arqueolóxico, sen facer en primeiro lugar un estudo arqueolóxico integral", asegura  Xesús Rodríguez, presidente da asociación Umia Vivo.

O Ministerio de Transportes asegura que a conservación e o mantemento do lugar non entra dentro das súas competencias, senón que lle corresponde á administración provincial.

A intervención no castro de Alobre inclúese dentro do proxecto Trazas de Pontevedra, que prevé traballos de restauración semellantes, cun investimento de seis millóns de euros, en 18 castros da provincia de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade