Publicador de contidos

Publicador de contidos

Así vivimos os galegos a apagada de hai un ano

Así vivimos os galegos a apagada de hai un ano

A Televisión de Galicia mantivo un informativo especial dende media mañá e moitos recuperaron os transistores a pilas e puideron informarse a través da Radio Galega

Un ano despois, podería volver suceder?

Tres membros dunha familia de Traboadela falecidos pola combustión dun xerador, a peor consecuencia do grande apagamento

G24.gal 28/04/2026 13:50 Última actualización 28/04/2026 14:49

O 28 de abril de 2025 soubemos o que era vivir sen electricidade nunha sociedade dependente da luz para case todo. Non circulaban os trens e as ringleiras repetíanse en paradas de taxis e estacións de autobuses. Tampouco funcionaban os semáforos.

Tendas sen funcionar e outras fiándolle aos clientes que non tiñan efectivo, porque os caixeiros estaban tamén apagados. Na casa tocou improvisar novos menús e cear á luz das candeas.

Daquel día quedou algunha aprendizaxe e tamén algún medo. José Manuel Mateo, da Ferraxería Iturmendi de Vigo, explica que aínda hoxe os clientes van buscando "bombonas, cociñiñas para usar sen electricidade, lanternas de pilas ou transistores".

Nesa xornada, dende media mañá a Televisión de Galicia estivo actualizando todo o que sucedía a través dun informativo especial. A falta de luz nas vivendas fixo que moitos non puidesen velo e recuperasen as radios a pilas, compañeira infalible, para mantérense informados coa Radio Galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos