Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os casos activos rozan os 60.000 e aumentan as hospitalizacións

Os casos activos rozan os 60.000 e aumentan as hospitalizacións

A situación hospitalaria empeora e o total de pacientes ingresados ascende a 378

As áreas da Coruña e de Santiago pasan hoxe dos 11.000 casos activos

G24.gal 06/01/2022 09:37 Última actualización 20:00

Os casos activos seguen aumentando e xa pasan dos 59.000. En total, hai 59.691 persoas con coronavirus en Galicia.  Un aumento de 3.235 infectados.

Os contaxios diarios descenden con respecto a onte, rexistráronse 4.752 persoas contaxiadas máis. A porcentaxe de PCR positivas de hoxe é o segundo máis alto de toda a pandemia, un 38,24 %, só por detrás do 39,73 % do venres da semana pasada.

Casos activos por áreas sanitarias

A Coruña: 11.035 (+662)

Vigo: 13.276 (+552)

Ourense: 7.164 (+615)

Santiago: 11.090 (+523)

Lugo: 5.971 (+422)

Pontevedra: 7.354 (+307)

Ferrol: 3.801 (+154)

O Sergas notificou o falecemento de cinco persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con elas, a cifra de decesos ascende a 2.805 desde o comezo da pandemia en Galicia.

O pasado día 4 faleceron un home de 91 anos no Hospital do Salnés e un varón de 58 anos no CHUVI.

No día 5 perderon a vida dúas mulleres de 78 e 66 anos no CHUO e un home de 90 anos no CHOP.

Segundo informa Saúde Pública, todas presentaban patoloxías previas.

A presión hospitalaria, pola súa parte, empeora hoxe, e soben de 298 a 325 os pacientes en planta, mentres que os de UCI baixan de 56 a 53. O total de pacientes ascende de 354 a 378.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade