Ascenden a 223 as vítimas da riada en Valencia tras atopar o corpo dun home en Paiporta
Ascenden a 223 as vítimas da riada en Valencia tras atopar o corpo dun home en Paiporta
Co achado deste cadáver son tres as persoas que continúan desaparecidas
O Congreso valida o segundo paquete de axudas a afectados pola DINA, 3.765 millóns
Familiares de falecidos pola DINA entregan máis de 80.000 firmas no Congreso mentres piden xustiza
A cifra de vítimas mortais pola DINA en Valencia elevouse a 223 tras localizar este xoves o corpo dun home en Paiporta. Atopárono nas aforas da localidade, preto dun dos vertedoiros onde se acumulan refugallos sacados das rúas.
Non transcendeu a súa identidade, pendente da autopsia e as probas de ADN. Pero segundo declaracións dun achegado á cadea autonómica Apunt é un cidadán marroquí de 58 anos, de nome Mohamed e que deixa viúva e oito fillos no seu país de orixe.
Co achado deste cadáver, seis semanas despois da traxedia, son tres as persoas que permanecen desaparecidas polas riadas do 29 de outubro.