Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asaltan un restaurante da Coruña e levan un botín duns mil euros

Asaltan un restaurante da Coruña e levan un botín duns mil euros

A Policía Científica estivo tomando pegadas tanto no interior coma no exterior do restaurante

G24.gal 04/04/2024 14:23

Dende hai dous días as portas do restaurante Nativa, nos Mallos, permanecen pechadas. Ás tres da madrugada do mércores os propietarios recibían unha chamada da central de alarmas avisándoos de que lles acababan de entrar a roubar no local.

Geraldin Yupanqui, copropietaria do restaurante, di que cando chegaron xa estaban varios axentes da policía secreta no exterior do local. Dixéronlle que forzaron a persiana, que entraron por unha abertura duns quince centímetros e que roubaron a caixa rexistradora. 

Polo momento descoñecen a canto poden ascender os danos e o tempo que terán que estar pechados. O que si que saben é o diñeiro que tiñan na caixa.

Geraldin Yupanqui, copropietaria do restaurante, di que na caixa tiñan uns 750 euros para pagarlle a un distribuidor e outros 150 que ingresaran o día anterior.

Ángeles Medín, que tamén ten un comercio na mesma rúa di que dende hai uns meses aumentaron os roubos na zona, sobre todo en locais de hostalería.

No día de onte a Policía Científica estivo tomando pegadas tanto no interior coma no exterior do restaurante. A Policía Nacional abriu unha investigación para intentar dar cos autores do roubo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade