Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asaltan dúas cafeterías en menos de media hora en Castro de Ribeiras de Lea

Asaltan dúas cafeterías en menos de media hora en Castro de Ribeiras de Lea

Os ladróns actuaron a cara descuberta

Levaron diñeiro en efectivo e lotaría

G24.gal 17/10/2024 14:17

Cando se dispoñían a iniciar a xornada nunha cafetería de Castro de Ribeiras de Lea, atoparon a porta entreaberta e xa viron que estaba forzada. Avisaron a Garda Civil e, cando entraron, só botaron de falta o contido da caixa rexistradora, que quedara con cambio. Non saltou a alarma, pero todo quedou rexistrado na gravación das cámaras de seguridade.

"Dous colleron o caixón da rexistradora e marcharon, había outro na porta. Levarían uns 200 euros, non deixo máis no bar".

Poucos minutos despois, e a apenas 500 metros, asaltaron outro bar co mesmo modus operandi, accederon ao interior tras forzar a porta principal e foron directos á caixa, onde había uns 600 euros da recadación e tamén numerosos décimos de lotería, e o diñeiro desta, aínda por cuantificar.

"Avisáronnos os da alarma, pero cando chegamos xa non había ninguén. Estaba a porta forzada e faltaban os cartos da recadación e a lotería de 8 comisións de festas coas que colaboramos".

Os ladróns, que eran moi novos, actuaron de madrugada, pero fixérono a cara descuberta, xunto a unha estrada pola que pasa moito tráfico e mesmo usando roupa moi rechamante.

"Eran catro, dous entraban, un quedaba na porta e outro no coche. Levaban ademais roupa rechamante, un unha cazadora amarela e outra cun anxo cunha alas moi grandes".

"É unha impotencia. Con veciños arriba e ao lado, diante do mercado gandeiro, que hai moito movemento, e élles igual".

Ambos establecementos presentaron xa denuncia e a Garda Civil investiga agora os feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar