Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asaltan cunha pistola unha entidade bancaria en Folgoso do Courel

Asaltan cunha pistola unha entidade bancaria en Folgoso do Courel

O ladrón atou o único empregado da entidade antes de marchar

G24.gal 28/04/2022 15:56

Faltaban só dez minutos para que a oficina baixase o enreixado cando un home, armado cunha pistola, descoñécese se auténtica ou de imitación, entrou na sucursal. No interior só estaba o único empregado da entidade, o director. O ladrón dirixiuse a el con ameazas e apuntándolle coa arma. O empregado saíu ileso do suceso, pero en estado de stock. 

Deixárono coas mans atadas polo que non sabe se o ladrón actuou en solitario ou tiña alguén agardando no exterior. Todo foi moi rápido e os veciños non se decataron de nada.

Dolores Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel, di que o ladrón entrou disfrazado, con perruca e non se sabe se cunha barba falsa.

Ao parecer, o ladrón conseguiu unha importante suma de diñeiro. Axentes da Policía Científica achegáronse ata Folgoso para rexistrar o interior da oficina en busca de pegadas para dar co autor do atraco.

Hai uns anos outra entidade bancaria local sufrira outro roubo, daquela os ladróns, dous veciños de Sarria, conseguiran levar uns 7.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade