Publicador de contidos
Publicador de contidos

As tres universidades galegas incorporarán 150 profesores, a maioría de axudantes doutores

As tres universidades galegas incorporarán 150 profesores, a maioría de axudantes doutores

A Xunta comprométese a sufragar un terzo do custo, pero critica o Goberno central por "non ter orzamento" para os outros dous terzos 

G24.gal 10/04/2024 16:02

As tres universidades públicas galegas incorporarán entre 130 e 150 profesores, principalmente de axudantes doutores, por mor do Programa para a Incorporación de Talento Docente impulsado polo Goberno central e co apoio da Xunta.

A repartición entre os tres centros será equitativa, entre 40 e 50 docentes, e está previsto que comecen a exercer a partir do próximo curso, 2024-25, malia que aínda queda por pechar as cifras concretas e cronograma. Diso informaron en conferencia de prensa conxunta os conselleiros en funcións de Educación e Facenda así como os reitores das tres universidades.

O conselleiro en funcións de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, comprometeu o apoio da Xunta a estes reforzos de persoais, aínda que se mostra "contrariado" con que o Goberno siga a liña de "eu convido e ti pagas".

E é que apunta que está previsto que o Executivo central se faga cargo de dous terzos do custo e o Goberno galego abonará o outro terzo, pero reprocha que polo momento "non existe orzamento" por parte do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Respecto diso, Miguel Corgos estima que este reforzo dunhas 150 prazas supoñerán 6,6 millóns de custo global ao ano, sobre o cal a Xunta abonará ao redor de 2,2 millóns e o Estado, 4,4 millóns. Estas prazas comezarán a cubrirse o próximo curso, pero prevén completarse nun prazo duns catro anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade