Publicador de contidos

Publicador de contidos

As tendas de barrio ofrécenlles aos clientes calidade e un trato personalizado

As tendas de barrio ofrécenlles aos clientes calidade e un trato personalizado

A atención e a confianza fan da compra diaria nestes establecementos unha experiencia máis próxima e humana

Unha clienta é atendida nunha tenda do barrio lucense de San Roque
Félix Aragunde. Imaxe: Afonso García Novoa. 28/01/2026 20:37

Fronte ás grandes superficies comerciais, unha tenda de barrio constitúe un punto de encontro onde o trato personalizado marca a diferenza. Ademais de produtos de primeira calidade, estes locais ofrécenlles aos seus clientes unha atención e unha confianza que fan da compra diaria unha experiencia máis próxima e máis humana.

"Tes outro tipo de contacto coas persoas coas que tratas, con outro tipo de comunicación. A xente cóntache cousas, pídeche favores, fanche pedidos e véñenchos recoller cando poden... O trato coa xente é moi diferente que nas grandes superficies ou nos supermercados porque hai outro tipo de confianza", sinala a tendeira Verónica Iglesias. 

A froita, as verduras ou o pan son produtos de primeira necesidade que non poden faltar nas tendas de barrio. Ademais, neste tipo de comercios adoitan apostar pola produción local e de temporada. 

"Ofrecemos sobre todo produto de proximidade, que é o que máis che están pedindo", afirma Verónica. 

"Temos un pouco de todo, como froita, pasta, refrescos, empanadas, etc. Cun pouquiño de todo vaise un amañando", engade a veterana tendeira Marta Prado. 

Algunhas tendas de barrio acaban de abrir as súas portas este mesmo ano, mentres que outras levan xa máis de medio século dando un servizo que non ten prezo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos