Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un traballador trasladado en helicóptero tras resultar ferido ao caerlle enriba unhas pacas na Bola

Un traballador trasladado en helicóptero tras resultar ferido ao caerlle enriba unhas pacas na Bola

O home traballaba nunha parcela en San Martiño de Berredo

G24.gal 28/01/2026 19:08 Última actualización 28/01/2026 19:14

Un traballador trasladado en helicóptero tras resultar ferido ao caerlle enriba unhas pacas na Bola
O home traballaba nunha parcela lonxe da estrada, no lugar de Cabanas, en San Martiño de Berredo, no concello da  Bola, en Ourense.

O suceso ocorreu ás 12:30 horas deste mediodía. Segundo a persoa que deu a alarma, as pacas que estaban no tractor co que traballaba caeron enriba do home.

Ata o lugar trasladáronse efectivos do 061, que derivou ao punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Tamén acudiron axentes da Garda Civil, os membros do GES Terras de Celanova e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade