Publicador de contidos

Publicador de contidos

As tarefas de extinción do incendio en Rubiáns prolongaranse dous días máis

As tarefas de extinción do incendio en Rubiáns prolongaranse dous días máis

Técnicos avalían o estado das vivendas para certificar que todos os veciños poden regresar este luns ás súas casas

G24.gal 11/08/2025 14:24

Tras case dous días ardendo semella que o incendio da nave que Impex Europa ten en Rubiáns, Vilagarcía, xa está controlado. Así e todo aínda se poden apreciar pequenos focos de lume que se reactivan de vez en cando e unha fumareda moi intensa. Os bombeiros do parque comarcal de Pontevedra e os equipos de emerxencias de Vilagarcía continúan arrefriando o perímetro e intentan avanzar cara ao interior da nave onde aínda, hai moito material incandescente. 

David Padín, sarxento do Consorcio de Bombeiros de Pontevedra, di que teñen algún problema con algún foco illado. Asegura que debido á cantidade de combustible no fondo fórmase unha caverna con varios focos secundarios que teñen que seguir extinguindo. Cren que tardarán un par de días en facelo.

Os preto de mil graos de temperatura que se acadaron no interior da nave fixeron colapsar a cuberta o que complicou aínda máis as tarefas de extinción. Os propietarios da nave aínda non se atreven a facer unha valoración das perdas.

Toni Alonso, director xerente de Impex Europa, asegura que a nave estaba completamente chea e que tiñan dous pedidos preparados para saír, un para Portugal e outro para o sur de España. Di que xa empezaron a traballar outra vez porque quedaron cun stock moi baixo.

Os preto de mil graos de temperatura que se acadaron no interior da nave fixeron colapsar a cuberta o que complicou aínda máis as tarefas de extinción. Os propietarios da nave aínda non se explican o que puido acontecer e menos aínda facer unha valoración das perdas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade