Cargando resultados...
As redes sociais frustran a fuga do pederasta de Ourense
Martiño Ramos, o profesor condenado por abusos sexuais, detido en Cuba
Ten pendente unha condena de 13 anos e medio de cadea
Antón Montero
05/12/2025 19:52
Última actualización 05/12/2025 20:25
Rematou a fuga de Martiño Ramos. O profesor de Ourense condenado por abusos sexuais a unha das súas alumnas apareceu en Cuba tras catro meses de fuxida.
O caso revelou o rostro máis temible dunha persoa coñecida ata entón polo seu activismo politico. As mesmas redes sociais coas que captou a súa vítima foron determinantes para dar co seu paradoiro.