Publicador de contidos

Publicador de contidos

'As R(h)umorosas': as mulleres da historia galega revisadas dende o humor

'As R(h)umorosas': as mulleres da historia galega revisadas dende o humor

Monólogos, música, baile e poesía conxúganse no espectáculo As R(h)umorosas

O espectáculo As R(h)umorosas estréase mañá no Encontro Mundial do Humorismo na Coruña 

No elenco: Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola


 

G24.gal 02/05/2023 15:04 Última actualización 02/05/2023 17:00

"Que din os rumorosos". Así comeza o noso himno. Pero as rumorosas, que din? Este é o punto de partida do espectáculo que guionizan, dirixen e interpretan Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro.

Mesturando monólogos, música e danza As R(h)umorosas falan das mulleres galegas que fixeron Historia pero en clave de comedia. A obra estréase mañá no Encontro Mundial do Humorismo que celebra xa a súa terceira edición na cidade da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade