Publicador de contidos

Publicador de contidos

As protestas obrigan a Carlos de Inglaterra a pospoñer a súa visita a Francia

As protestas obrigan a Carlos de Inglaterra a pospoñer a súa visita a Francia

A novena xornada de folga contra a reforma das pensións de Macron

O incendio da alcaldía de Bordeos, o asalto a edificios institucionais e o lume nas rúas marcaron a novena xornada de folga

Carlos de Inglaterra apraza a súa visita de Estado a París ante o recruamento das protestas

G24.gal 24/03/2023 14:32

París amencía entre os estragos dunha batalla campal que esta noite se estendeu por todo o país. A novena xornada de folga contra a reforma das pensións de Macron desembocou nunha vaga de violencia nas principais cidades de Francia. As manifestacións convocaron un millón de persoas, segundo o Goberno, tres millóns e medio segundo os sindicatos convocantes.

"É unha cuestión de forza, a loita continúa", di un participante.

"Comecei a traballar aos 15 anos e sinto que non vou poder chegar á xubilación", di unha muller desempregada.

Ao remate das marchas rexistráronse os disturbios, que deixan 457 detidos e 441 axentes feridos. Houbo ataques a edificios públicos: os manifestantes queimaron a entrada ao concello de Bordeos, atacaron unha comisaría de Lorient e protagonizaron batallas campais en Lión e Tolosa. En París rexistráronse 900 incendios en mobiliario urbano ou no lixo. O ministro do Interior acusa a infiltrados de extrema esquerda dos actos vandálicos, e insiste en que o Elisio non vai tolerar a violencia.

O conflito recrúa

Emmanuel Macron está disposto a aplicar a reforma das pensións, aprobada o luns e pendente do ditame do Consello Constitucional, malia a súa impopularidade. E o movemento de protesta, que conta coa simpatía do 70 % dos franceses, xa convocou outra xornada de folga para o próximo martes. A espiral de protestas mesmo obrigou a pospoñer a visita de Estado que Carlos de Inglaterra tiña previsto realizar a Francia a partir do domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade