As probas de saliva, as máis demandadas nas farmacias entre a poboación infantil
Baixa a venda de test de antíxenos nas farmacias
Continúa a venda de test de antíxenos nas farmacias pero o seu ritmo de venda baixou respecto ao mes de xaneiro. Agora os principais clientes son os máis pequenos tras o regreso ás aulas.
Nesta farmacia de Vigo chegaron a dispensar de media durante o mes de xaneiro uns 200 test diarios. Agora non chegan os cen. Con todo, son un recurso demandado cando as persoas teñen sospeitas e queren obter un resultado en poucos minutos.
Aseguran que a recollida da mostra é moi importante porque dependendo do método que utilicemos, nariz ou saliva, as instrucións poden cambiar. A regulación do seu prezo, para eles tardía, supuxo un maior control e maior tranquilidade.
Nalgunhas farmacias supervisan eles mesmos a recollida da mostra. Incluso encárganse de emitir os datos do resultado a páxina da Xunta e se fose necesario danlle o interesado o seu certificado en papel.