Cargando resultados...
As primeiras probas aos viaxeiros procedentes da China dan negativo
España é o segundo país europeo en implementar os controis nos aeroportos ante a explosión de coronavirus no país asiático
Francia e o Reino Unido comezarán esta semana a facer controis de covid
G24.gal
02/01/2023 11:59
Primeiro día laborable desde que se implementaron nos aeroportos as medidas de control fronte á covid para os viaxeiros procedentes da China. De momento, das probas efectuadas ata agora todas deron negativo.
Segundo informou o Ministerio de Sanidade, ningún pasaxeiro presentaba temperatura elevada ou sintomatoloxía relacionada co coronavirus. Mañá chegará o seguinte voo desde o país asiático.
España é o segundo país europeo, tras Italia, en implantar os controis. Francia e o Reino Unido sumaranse esta semana.