Publicador de contidos

Publicador de contidos

As persoas coa pauta completa non terán que facer corentena tras un contacto estreito

As persoas coa pauta completa non terán que facer corentena tras un contacto estreito

Indicaráselles limitar as actividades ás esenciais e seguir as medidas de prevención

G24.gal 21/12/2021 20:29

A Comisión de Saúde Pública revisou na reunión desta tarde as recomendacións de corentena para contactos estreitos ante o avance na circulación da variante ómicron.

Decidiron que as persoas coa pauta completa de vacinación que sexan contactos estreitos dun positivo non necesitarán facer unha corentena domiciliaria de dez días. Si que se lles indicará que durante ese período limiten as súas actividades ás esenciais, reducindo ao máximo as interaccións sociais, seguir as medidas de prevención e realizar unha vixilancia estreita ante a posible aparición de síntomas compatibles.

A Comisión de Saúde Pública insiste na importancia de acelerar a vacinación das persoas maiores de 12 anos non vacinadas e as doses de recordo nos grupos autorizados, especialmente os máis vulnerables, así como a primeira dose para os nenos entre 5 e 11 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar