Publicador de contidos

Publicador de contidos

As pensións subirán un 2,7 % en 2026

As pensións subirán un 2,7 % en 2026

O 2,7 % é a subida que se aplicará de forma xeral ás pensións contributivas, mentres que as mínimas e non contributivas teranse que incrementar por encima desa cifra, tal e como se recolleu na reforma das pensións

Segundo datos do Ministerio de Inclusión, a revalorización supoñerá que un pensionista que perciba unha pensión de 1.511,5 euros ao mes (a pensión media de xubilación) pasará a recibir 1.552,3 euros mensuais en 2026

G24.gal 28/11/2025 09:10

As pensións contributivas subirán previsiblemente un 2,7 % en 2026, unha vez adiantado o dato de inflación de novembro (3 %), que permite avanzar o cálculo da revalorización para o ano que vén. O 2,7 % é a subida que se aplicará de forma xeral ás pensións contributivas, mentres que as mínimas e non contributivas teranse que incrementar por encima desa cifra, tal e como se recolleu na reforma das pensións.

Segundo datos do Ministerio de Inclusión, a revalorización supoñerá que un pensionista que perciba unha pensión de 1.511,5 euros ao mes (a pensión media de xubilación) pasará a recibir 1.552,3 euros mensuais en 2026, o cal supón un incremento anual de 572 euros ou de 40,8 euros mensuais.

Este incremento beneficia os preto de 9,4 millóns de persoas que reciben 10,4 millóns de pensións contributivas, ademais das 734.000 pensións correspondentes ao réxime de Clases Pasivas do Estado, que tamén se revalorizarán co mesmo índice. De acordo coa reforma de 2021, a revalorización anual das pensións calcúlase coa media das taxas interanuais de inflación dos doce meses anteriores ata novembro, que nesta ocasión dá como resultado un 2,66 %.

A cifra confirmarase o 12 de decembro, cando se publique o dato definitivo do IPC. A ministra de Seguridade Social Elma Saiz destacou que con esta revalorización conforme ao IPC os pensionistas teñen garantido o mantemento do seu poder adquisitivo o ano próximo, dentro dos compromisos do Goberno para que o sistema sexa cada vez máis equitativo e sólido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade