Publicador de contidos

Publicador de contidos

As patacas Bonilla volven facerse virais a nivel mundial grazas ao grupo coreano BTS

As patacas Bonilla volven facerse virais a nivel mundial grazas ao grupo coreano BTS

Un dos seus integrantes aparece nunha imaxe comendo as patacas da fábrica coruñesa

G24.gal 25/03/2022 14:34

Vese que en Corea gustan moito as patacas galegas. Os fritos de Bonilla fixéronse famosos en todo o mundo tras a súa aparición na oscarizada película 'Parásitos'. E agora volven ser virais grazas ao grupo musical coreano BTS, con millóns de seguidores. A publicación dun dos integrantes comendo as patacas coruñesas, disparou as vendas do produto.

Os rapaces de BTS apúntanse ás patacas do país. Conquistan os Grammy, os seus temas son éxito a nivel mundial, as súas coreografías son imitadas, a roupa e os peiteados crean tendencia e baten marcas nas redes sociais, onde mobilizan millóns de fans. Non é a primeira vez que se esgota un produto que algún deles confesa consumir.

As patacas Bonilla aínda non se esgotaron en Corea, pero disparouse a venda do produto despois da publicación destas fotos de J-Hope en Instragam. 700.000 me gusta en só poucas horas. En Bonilla están encantados.

Diego Armando García, director de Mercadotecnia da empresa, agradece o apoio recibido polo grupo e polos seus millóns de seguidores en todo o mundo.

Non só iso, a lata de patacas aparece tamén no vídeo en que colabora con outro grupo musical asiático. Bonilla vende en 20 países, pero Corea do Sur é o mercado internacional con máis demanda. Tanto é así que tiveron que deseñar envases no seu idioma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade