Cargando resultados...
As pantallas reinan no Entroido de Xinzo
As pantallas reinan no Entroido de Xinzo
G24.gal
27/02/2022 21:14
Hai máis de vinte días que comezou a festa en Xinzo de Limia, pero as ganas de troula continúan intactas neste domingo de Entroido.
Na rúa, piratas que acaban de desembarcar, surfeiros que desafían ondas xigantes e unha infinidade de personaxes, pero aquí reinan elas: as pantallas. En grupos bailan e corren tras os veciños que se atreveron a saír sen disfrazar para obrigalos a pagar unha volta no bar máis próximo.
Son o emblema desta celebración, de interese turístico internacional, que rematará o mércores co enterro da sardiña.