Cargando resultados...
As opcións de salvación do Pontevedra pasan por un triunfo diante do Ceuta
Os dous últimos clasificados precisan un triunfo para crer na salvación
G24.gal
24/02/2023 15:43
O Pontevedra xoga diante do Ceuta un partido que pode marcar o futuro do equipo de Toni Otero. Os granates, penúltimos clasificados, reciben o domingo á mañá o cabeiro da categoría cun só punto de diferenza entre ambos. Duelo absoluto pola permanencia.
Hai que resaltar os números dun Ceuta que estaba afundido pero que sacou 13 dos últimos 15 puntos e se enganchou á permanencia dun xeito co que ninguén contaba.
Os de Toni Otero gañaron o último partido xogado en Pasarón diante da Cultural Leonesa. A fortaleza como local ten que ser o alicerce sobre o que se asente a salvación. O partido verémolo o domingo ás 12:00 na G2 e en G24.gal.