Publicador de contidos
Publicador de contidos

As memorias do secretario persoal de Bieito XVI, unha confesión espiñenta para o Vaticano

As memorias do secretario persoal de Bieito XVI, unha confesión espiñenta para o Vaticano

O arcebispo Georg Gänswein, popularmente coñecido como 'o guapo do Vaticano', carga nas súas memorias contra a rama máis progresista da igrexa e contra o propio papa Francisco.

Gänswein foi a persoa que acompañou a Joseph Ratzinger en todo momento ata a súa morte desde o ano 2003

As memorias levan por título: "Nada máis que a verdade"

G24.gal 12/01/2023 11:23

As memorias do secretario persoal do defunto pontífice emérito Bieito XVI, Georg Gänswein, saen á venda hoxe. Son unhas confesións espiñentas do home que custodiaba desde o ano 2003 os segredos de Joseph Ratzinger e que agora ameazan con sacudir o Vaticano.

Sabendo que as memorias se publicaban hoxe, e en previsión da penitencia, o papa Francisco fixou para este pasado luns, 9 e xaneiro, unha xuntanza co que fora secretario persoal de Bieito XVI, falecido o pasado 31 de decembro aos 95 anos e idade.

Deste encontro non transcenderon os detalles, pero algunhas fontes apuntan a un decepcionado pontífice que pediu ao histórico secretario de Bieito XVI discreción nos próximos días, tendo en conta os temas máis polémicos impresos nas páxinas de 'Nient'altro che a verità', en galego 'Nada máis que a verdade'; un título destacado no escaparate dixital da  editorial Piemme.

A verdade dun arcebispo coñecido como "o guapo do Vaticano" que pretende contradicir as "maliciosas calumnias e escuras manobras que trataron en balde de lanzar sombras sobre o maxisterio e as accións do papa alemán", reza no resumo da editorial.

O papa Francisco quere atallar a polémica e que o libro non se converta nun 'Via Crucis' persoal. O papa Francisco avisaba onte no Ángelus, desde a xanela do Palacio Apostólico do Vaticano, que "a rexouba é unha arma letal que mata, mata o amor, a sociedade e a irmandade", unha mensaxe interpretada como unha suposta reacción ao libro do monseñor.

Tras a morte de Bieito XVI, o futuro do seu secretario está non está claro, sobre todo despois da publicación das memorias; é moi pouco probable que o arcebispo Georg Gänswein regrese ao seu cargo de prefecto da Casa Pontificia, unha especie de xefe de protocolo. A opción podería ser asignarlle unha nunciatura, que saia do Vaticano para dar clases nunha universidade católica no estranxeiro ou o seu regreso a súa Alemaña natal.

Nas súas 336 páxinas, Gänswein, de 66 anos, secretario e leal colaborador de Ratzinger, concéntrase na particularidade da última década, a inusual convivencia de dous papas: Bieito XVI, retirado desde a súa histórica renuncia en 2013 e ídolo do sector máis conservador, e o seu sucesor, Francisco, centro de ataques do mesmo.

Entre outras moitas cousas, Gänswein reprocha a Francisco a súa caída en desgraza como prefecto da Casa Pontificia, un dos cargos máis importantes da Curia, pois o papa arxentino encargoulle coidar de Ratzinger no seu retiro no mosteiro vaticano de Mater Ecclesiae. E asegura que o pontífice e teólogo alemán considerou un erro o documento 'Traditionis Custodes' co que Francisco puxo coto ás misas en latín, propias de tempos previos ao Concilio Vaticano II, rebelando os membros máis tradicionalistas da Igrexa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade