Publicador de contidos
Publicador de contidos

As lapas orixinadas nun coche avariado deixan calcinados outros dous vehículos en Marín

As lapas orixinadas nun coche avariado deixan calcinados outros dous vehículos en Marín

O vento axudou a que o lume se propagase con rapidez

Nun dos vehículos había unha bombona de butano que non chegou a estourar 

Marta González Salve 20/07/2022 14:39

O vehículo en que se orixinou o lume inicial circulaba pola estrada que une Marín e Bueu, cando os seus dous ocupantes detectaron un olor a queimado. Deulles o tempo xusto a chegar ata este lugar afastado da circulación, en Vilaseca, na parroquia de Santa María de Ardán, en Marín.  

Apenas pasaron uns minutos entre que os ocupantes do vehículo incendiado saían del e as lapas axudadas polo vento se estendían aos outros dous coches estacionados fronte ao parque. Un cuarto vehículo puido ser retirado a tempo.

Ata o lugar desprazáronse a Policía Local,  Protección Civil e bombeiros do Morrazo, que procederon a apagar as lapas. A zona tivo que ser completamente acordoada e pechada ao tráfico, xa que nun dos coches atoparon unha bombona de butano.

Esta mañá un guindastre procedía a retirar o coche sinistrado e os outros dous afectados, que pertencen a dous veciños do concello que traballan nas inmediacións e adoitaban deixalos aparcados nese lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar