Publicador de contidos

Publicador de contidos

A intensa chuvia estraga os bancos marisqueiros da ría de Noia

A intensa chuvia estraga os bancos marisqueiros da ría de Noia

Os membros da agrupación retiraron 17 toneladas de cunchas e marisco morto

Os mariscadores dan por perdida a próxima campaña

G24.gal 05/03/2026 11:16

A intensa chuvia dos últimos días estragaron os bancos marisqueiros da ría de Noia por terceiro ano consecutivo. Perdeuse case toda a ameixa babosa e tamén o berberecho. En total, os integrantes da agrupación retiraron estes días 17 toneladas de cunchas e de marisco morto.

Rosa Martínez, membro da agrupación local de mariscadores a pé dá por perdida a actual campaña e a que vén.

"É un desastre, non quedou marisco para o desove", explica. "O peor non é que non poidamos volver estes dous meses, senón que temos perdida a campaña que vén, a de outubro". 

Dende a agrupación temen que moitos profesionais se dean de baixa logo de tres anos consecutivos de mortaldade masiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade