Dúas integrantes de Tanxugueiras adían a viaxe a Benidorm "por precaución"
A participación de Tanxugueiras está garantida polos protocolos adoptados
Malia existencia de plan B "confían" en poder actuar o mércores

Parte do equipo do grupo Tanxugueiras xa está en Benidorm, onde participará no Benirdorm Fest na procura da elección como representante española en Eurovisión 2022 que se celebrará na cidade italiana de Turín en maio.
Dúas das integrantes do grupo, Olaia e Aida, publicaron nas redes sociais un enigmático chío no que aseguran, sen dar máis datos, que "confían en participar" no festival pero que viaxarán máis tarde por precaución e para poder recuperarse.
Malia todo e ante calquera circunstancia a participación de Tanxugueiras no festival está garantida. O Benidorm Fest adoptou protocolos para asegurar a celebración dos espectáculos ante a posibilidade dalgún positivo por covid entre os participantes. Na peor das circunstancias e para garantir a participación dos cantantes ou grupos proxectarían o videoclip cos seus temas.
Aínda que parte do equipo xa está en Benidorm, Aida e Olaia viaxaremos nos próximos días por precaución. Estamos ben e recuperándonos 🦠💪💪. E, por suposto, tamén desexando chegar para poder compartir convosco #Terra ao vivo neste #BenidormFest. 🤞🏽🤞🏽
— T A N X U G U E I R A S (@tanxugueiras) January 23, 2022