Publicador de contidos

Publicador de contidos

As infeccións respiratorias disparan a venda dos test dobres de antíxenos

As infeccións respiratorias disparan a venda dos test dobres de antíxenos

Os tests dobres permiten saber se os síntomas son pola covid, pola gripe ou as dúas cousas

G24.gal 30/11/2022 14:29

En plena onda de infeccións respiratorias ante o primeiro síntoma acudimos ás farmacias. Queremos saber que virus nos ataca. "Subiu a venda dos test de antíxenos e gripe e minguou a dos test só covid. Ten máis liña para interpretar, só covid, ou covid máis gripe, ou gripe A ou B", explican a farmacéutica Pamela Díaz.

Coa pandemia aprendemos a usar esta ferramenta e seguimos a botar man dela. "Cando teño catarro, polo traballo para previr si que fago test"; conta unha clienta e outro di que "sigo facendo test porque a miña muller está enferma de cancro".

Para non contaxiar e para descartar porque agora preocúpannos máis o resto dos virus que o covid. "Máis pola gripe que pola covid, perdémoslle un pouco o medo á covid, tamén estamos máis inmunizados, é importante ter en conta as dúas cousas"; comenta unha cidadá, e outra engade: "O meu fillo fixo o test da gripe e da covid".

Tamén hai quen confía a súa saúde á inmunización das vacinas. "Eu xa non fago test"; di unha muller. E na rúa outro home explica que hai un mes que se vacinou da gripe e do covid, polo que "confío en que non me toque".

Facer os tests e protexernos coa máscara, dous xestos cos que axudamos a cortar as cadeas de transmisión sexa cal sexa o virus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade