Publicador de contidos
Publicador de contidos

As Guerreiras, coa galega Alicia Fernández, comezan o seu camiño ás olimpíadas na Guarda

As Guerreiras, coa galega Alicia Fernández, comezan o seu camiño ás olimpíadas na Guarda

A selección española feminina de balonmán chega este luns á localidade pontevedresa

G24.gal 17/06/2024 13:18 Última actualización 17/06/2024 15:41

A Guarda acollerá ás Guerreiras na súa preparación para os Xogos Olímpicos de París. O combinado nacional adestrará no Pavillón da Sangriña os vindeiros días, onde se concentrará en dúas fases: unha desde o 17 ó 23 de xuño e a seguinte do 26 de xuño ao 3 de xullo. 

Alicia Fernández foi unha das 20 xogadoras (pre)seleccionadas por Ambros Martín. A valdoviñesa acaba de realizar unha gran campaña co seu equipo, o Rápido de Bucarest, co que acadou a segunda praza na liga romanesa de balonmán.

A central amósase moi ilusionada por estar en París 2024

"Temos moitas ganas de reunirnos xa e comezar coa preparación para os Xogos Olímpicos"

Alicia é a única galega na lista de Martín. Leva xa 7 anos xogando en Romanía, logo de facer as maletas desde o Balonmán Bera Bera vasco. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos