Publicador de contidos

Publicador de contidos

Traslada o taller de costura ao concello de Cambados en protesta polas goteiras que non lle permiten traballar

Traslada o taller de costura ao concello de Cambados en protesta polas goteiras que non lle permiten traballar

Despois de sufrir unha inundación no local, hai tres anos, a dona dunha mercería non puido seguir coa actividade

O Concello de Cambados debe facerse cargo dos danos, uns 18.000 euros, ao ser por falta de mantemento das instalacións da praza de abastos

G24.gal 14/12/2022 14:16

Unha veciña de Cambados decidiu trasladar como protesta o seu taller de costura e de encaixe de palillos ao edificio do Concello. Di que desde hai tres anos, despois de inundarse o seu local na praza de abastos, a humidade e as goteiras non lle permiten seguir co negocio aberto.

Vinte e seis anos do que é a súa vida, o seu sustento e a súa paixón. Dora Piñeiro rexenta unha mercería nun local da praza de abastos de Cambados, pero desde hai tres anos por mor dunha inundación non pode seguir co seu negocio.

"Caeume o mundo enriba ao ver que tiña a metade da mercancía estragada", recorda Dora Piñeiro.

O seguro non se fixo cargo dos danos, uns 18.000 euros, pois foi por falta de mantemento das instalacións, polo tanto a responsabilidade recae no Concello. Pero polo de agora non se fixo cargo por iso denunciou o caso. Un proceso que lle provocou ansiedade e sufrir unha depresión. 

"Quedei sen negocio, sen material e sen traballo. E sen local para pode traballar pois eu quedaba ás noites a facer encaixe" explica.

O xuízo previsto para o 10 de novembro aprazouse a maio por mor do avogado que representa a Administración local. As goteiras e a humidade non lle permiten seguir co seu negocio aberto, e agora desde onte trasládao ao Concello.

"Eu vou loitar deste xeito porque estou cansa, esgotada e farta. Dáme igual se está ben ou mal", di molesta Dora Piñeiro.

Todos os días sentará nunha cadeira a facer o que máis lle gusta, encaixe, ata o día que teña unha solución. Un equipo da TVG quixo obtela, pero o Concello de Cambados prefire non realizar declaracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade