Publicador de contidos
Publicador de contidos

As Forzas Armadas atopan un cadáver en Paiporta preto dun vertedoiro

As Forzas Armadas atopan un cadáver en Paiporta preto dun vertedoiro

Tres homes e unha muller seguen desaparecidos desde o 29 de outubro

O cadáver foi atopado en Paiporta
G24.gal 12/12/2024 11:35 Última actualización 12/12/2024 13:06

A primeira hora da mañá deste xoves, efectivos das Forzas Armadas atoparon un cadáver na localidade valenciana de Paiporta, epicentro da DINA.

O corpo atopouse preto dun vertedoiro creado para acumular todos os bens extraídos dos fogares e rúas. Na localización do cadáver participaron membros dunha empresa civil que se atopaba traballando con maquinaria na zona.

A cifra de desaparecidos e falecidos mantíñase estable desde o pasado 27 de novembro. O anterior cadáver foi achado o 2 de decembr entre os termos municipais de Vilamarxant e Benaguasil. 

Tres homes e unha muller seguen desaparecidos desde o pasado 29 de outubro, día no que a DINA deixou 222 falecidos na provincia de Valencia. As idades dos homes desaparecidos son de 56, 59 e 64 anos, mentres que a muller ten 38 anos.

Arredor de 8.500 efectivos dos dous exércitos, da Armada e da Unidade Militar de Emerxencias seguen a traballar na provincia de Valencia, axudnado en tarefas de limpeza e na procura dos desaparecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade