Publicador de contidos
Publicador de contidos

A forte chuvia causa inundacións e cortes de tráfico en Valdoviño

A forte chuvia causa inundacións e cortes de tráfico en Valdoviño

Preocupa a evolución do río das Mestas ao seu paso polo Porto de Cabo

G24.gal 24/12/2022 20:34 Última actualización 24/12/2022 20:42

Día complicado en Valdoviño, onde rebordaron ríos coincidindo coa preamar. O río das Mestas rebordou ao seu paso polo Porto do Cabo. A auga anegou o terreo dalgunhas vivendas, polo momento sen causar excesivos problemas. Algúns veciños pasarán a Noiteboa pendentes da subida do nivel da auga.

O río San Vicente desbordouse na parroquia de Meirás. Varias pistas quedaron pechadas ao tráfico. Durante todo día Protección Civil traballou para tratar de que as persistentes chuvias non afectasen á circulación nas principais estradas do municipio.

Seguirá chovendo nas próximas horas, pero con menos intensidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos