Publicador de contidos

Publicador de contidos

As enquisas prefiguran unha maioría absoluta nidia para o Partido Popular e Vox

As enquisas prefiguran unha maioría absoluta nidia para o Partido Popular e Vox

Os dous partidos situaríanse conxuntamente entre os 192 escanos que lles atribúe El País e un máximo de 199 segundo El Mundo

O PSOE lograría 106 escanos na análise de La Voz de Galicia e a cifra ascende ata os 119 na sondaxe de El País

G24.gal 15/11/2026 13:02

La Voz de Galicia resúmeo así: o PP e Vox situados conxuntamente nos 195 escanos fronte aos 106 do PSOE.

Máis en concreto, a enquisa de Sondaxe atribúelle ao Partido Popuar 130 deputados (13 deles en Galica) e 65 a Vox. Outros datos salientables: ERC e Bildu acadarían 9 escanos, superando así os 8 do Frente Amplio de Colau, e o BNG obtería 2 deputados.

O titular de El País é case un diagnóstico: "Os socialistas gañan pola esquerda o que perden pola dereita".

O PSOE obtén na enquisa de 40db os resultados máis elevados dos tres xornais: 119 escanos. O Partido Popular (con 130) e Vox (con 62) sumarían 192 representantes, mentres lle atribúe ás esquerdas de Frente Amplio e coalicións afíns un total de 10.

Finalmente, El Mundo incide en que o PP e Vox se sitúan na fronteira do 51% dos votos e ata 199 escanos en contraste co estancamento do PSOE.

O Partido Popular lograría entre 126 e 132 deputados, Vox de 62 a 67, o PSOE está entre os 105 e 111 e Frente Amplio de 9 a 10. Aquí o BNG obtería 2 ou 3 escanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade