As enquisas preelectorais consolidan o PP en primeira posición, mentres o PSOE non logra remontar
As enquisas preelectorais consolidan o PP en primeira posición, mentres o PSOE non logra remontar
Segundo o barómetro de 40db que publica El País, o Partido Popular mantense en primeira posición en intención de voto, con 121 escanos
A enquisa de Sigma Dos para El Mundo apunta que o PP amplía a distancia co PSOE e lograría 133 escanos

Varios xornais publican hoxe enquisas preelectorais. Segundo o barómetro de 40db que publica El País, o Partido Popular mantense en primeira posición en intención de voto, con 121 escanos. Sácalle case dous puntos ao Partido Socialista, que quedaría con 106 deputados. A principal novidade desta enquisa é a recuperación de Vox, que gaña case un punto e situaríase nos 46 escanos. Unidas Podemos obtería 31 representantes. O barómetro inclúe o BNG, que sacaría dous escanos, un máis que agora.
E a enquisa de Sigma Dos para El Mundo apunta que o PP amplía a distancia co PSOE. Feijóo lograría o 31 por cento dos votos e 133 escanos, mentres que Sánchez obtería 94 deputados co 24 por cento. Vox contaría con 50 deputados e Unidas Podemos 24. A suma dos actuais socios do Executivo non lles bastaría para gobernar.